Comarcas

A Deputación adxudica cursos de formación para o emprego en Valga, Mos, Pontevedra, Vigo e Lalín

CursoA Deputación de Pontevedra aprobou, na súa xunta de goberno, a impartición de cursos de docencia da formación profesional para o emprego, do ‘Proxecto Aquelando3’, en Valga, Mos, Pontevedra, Vigo e Lalín.

En Valga, Mos e Pontevedra, concedeuse un curso de Docencia da Formación Profesional para o emprego, a Norformación SL por 60.000 €. En Vigo, outro curso similar con dúas edicións a Norformación por 43.763 €. E en Lalín, un curso similar a Postal Escuela de Negocios por 22.840 €.

A Deputación celebrou unha xornada deste proxecto ‘Aquelando3’ centrada no novo periodo de financiamiento europeo “Retos para la formación y el empleo en la Europa 2020”. A Deputación de Pontevedra leva desde o ano 2004 participando nas convocatorias de axudas dos Fondos Comunitarios. Concretamente, aQuelando3, está cofinanciado ao 80% polo Fondo Social Europeo.

Este proxecto, que vai pola súa terceira edición, conta cun orzamento total de 4.042.395 €, finaliza a súa execución en setembro e tén como obxectivo principal a inserción laboral de personas desempregadas na provincia de Pontevedra: ao longo das tres últimas edicións, dende ‘Aquelando3’ consigueuse que 536 personas se incorporaran ao mercado laboral.

También te puede interesar