Cultura

Redondela lembra a sentenza de marzo de 1985, a primeira en galego dende a Idade Media

A placa, colocada na entrada principal do Concello de Redondela, lembra a sentenza de 1985/Tresyuno Comunicación
A placa, colocada na entrada principal do Concello de Redondela, lembra a sentenza de 1985/Tresyuno Comunicación

O Concello de Redondela lembrou este martes o 30 aniversario da primeira sentenza redactada en galego dende a Idade Media. Nun acto ao que asistiron representantes da cultura, a xudicatura e o dereito de Galicia, o alcalde, Javier Bas, descubriu unha placa na entrada do Concello, no que se recoñece o “valor” dos tres maxistrados da Audiencia Provincial de A Coruña que, a petición do propio concello redondelán, emitiron, o 27 de marzo de 1985, a primeira sentenza en galego dende 1228.

A placa, como subiñou o alcalde, lembrará, “para sempre” a sentenza que “marcou o rexurdimento do galego no eido xurídico, que volveu ao regalegización da xustiza e que é exemplo da senda que temos que seguir e que ten que levarnos a normalizar o uso do noso idioma en todos os ámbitos”.

Aquel 27 de marzo de hai 30 anos, os xuices Ricardo Leirós, Claudio Movilla e Gonzalo de la Huerga, realizaron “un acto de valentía», como lembrou a viuva do xuiz Movilla, Elisa Polanco. Pola súa parte, Inés Vega, alcaldesa de Castro Caldelas, concello no que se redactara no 1228 o primeiro documento notarial en galego, o Foral do Burgo da vila, e lugar natal do xuiz Movilla, adiantou que o 11 de abril honrara a este maxistrado-que xa ten unha rúa e un monolito na súa memoria- cunha placa na casa na que naceu.

O xuiz Gonzalo de la Huerga, un dos tres redactores da sentenza, xunto cos maxistrados Claudio Movilla e Ricardo Leirós/Tresyuno Comunicación
O xuiz Gonzalo de la Huerga, un dos tres redactores da sentenza, xunto cos maxistrados Claudio Movilla e Ricardo Leirós/Tresyuno Comunicación

“Entre os tres, creímos que chergara o momento de facer unha sentenza en galego…que ainda que era sobre algo menor…unha licenza municipal…sí tería unha trascendencia importante”, asegurou a vigoalminuto o xuiz Gonzalo de la Huerga, presente no acto. O maxistrado salientou a importancia do feito que fose o Concello de Redondela quen pedise que a sentenza fose en galego e lembrou a “estupefacción” que causou a sentenza redactada en galego, “a primeira en 5 séculos…a primeira que se facía no nosos idioma dende a Idade Media…chagaron a decirnos  ¿isto vai a ser así dende agora?”, bromeou.

Para o xuiz De la Huerga o desenvolvemento do galego no eido xurídico e xudicial é “sen dúbida, ainda insuficiente”, pero considera que “estamos dando pasos para que o seu uso sexa algo completamente normal”.  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.