Comarcas

A policía portuguesa agrede a unha concelelira de Salvaterra, que acabou en Urxencias

bngagres (2)O de a liberdade de expresión é algo que non protexe, máis ben ao contrario, os axentes da policía portuguesa, a GNR, que este sábado non dubidaron en ‘placar’ a dous concelleiros de Salvaterra que intentaban ensinar unha pancarta, durante o acto de celebración dos 20 anos da ponte entre Monçao e Salvaterra.

Cando intervía o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda,o candidato do BNG á Alcaldía de Salvaterra, Xosé Antón Outeiro, tentou sacar unha faixa na que se leía ‘PLISAN propaganda electoral’, intre no que un axente da policía portuguesa impediuno.

agresion-portugal-1 (2)Logo, os axentes empurraron e arrastraron fora do lugar a outra concelleira nacionalista en Salvaterra, Patricia Mariño, que tivo que ser atendida en Urxencias dunha contusión cervical.

También te puede interesar