Galicia

Salvamento realizou 1.355 rescates en Galicia, dende 2011 a 2014

Sin títuloSalvamento Marítimo realizou un total de 1.355 rescates en Galicia nos últimos catro anos, dende 2011 a 2014 -ambos os dous incluídos-. Segundo datos do Goberno, feitos públicos nunha resposta á pregunta parlamentaria so senador Francisco Javier Losada, en 2011 rexistráronse en Galicia un total de 391 rescates marítimos, que descenderon aos 301 en 2012. No ano 2013 volveron aumentar estes rescates, alcanzando os 368, para volver descender en 2014 –295-.

No que vai de 2015, xa se produciron numerosos rescates por parte de Salvamento Marítim: en xaneiro, dous mozos que pescaban na praia dos Botes, en Valdoviño foron rescatados pola tripulación do helicóptero ‘Pesca II’ tras quedar atrapado nunha zona rochosa sorprendidos pola enchente da marea.

También te puede interesar