Ciencia y Tecnología

O presidente Feijóo asegura que os fármacos contra a hepatite C xa están nos hospitais e se dispensarán de inmediato

SovaldiO presidente do goberno galego asegurou este mércores que os hospitais galegos dispoñen dos medicamentos para tratar a hepatite C e que, inmediatamente, empezarán a citar aos pacientes que se axusten aos criterios do plan estatal de loita aprobado contra esta enfermidade.

«Hai medicamentos, as axendas dependen de cada hospital e cada hospital empeza xa a citar directamente eses pacientes», subliñou o presidente Feijóo, ao termo do Consello da Xunta. O xefe do Executivo fixo estas declaración un día despois de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) informase de que dende este mércores se aplicarán os criterios do plan estratéxico fronte á hepatite C do Sistema Nacional de Saúde (SNS), aprobados na reunión do pasado 26 de marzo.

Segundo a Xunta, o Sergas xa transmitiu as instrucións aos distintos hospitais, ao tempo que puxo a disposición dos profesionais a plataforma web que servirá de ferramenta para o rexistro de pacientes.

Sobre as queixas de especialistas de Vigo por non contar con ferramentas tecnolóxicas para receitar o ‘Sovaldi’, Núñez Feijóo asegurou descoñecer esa cuestión e replicou que, “salvo caídas» do sistema, as instrucións «son as mesmas» en todos os hospitais galegos.

O presidente indicou que enterábase do problema non mesmo intre no que un xornalista preguntoulle por él e afirmou que daría traslado do mesmo ao Sergas “que o verá”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.