Este domingo en Balaídos, David Cal fará o saque de honra no choque entre o Celta e o Barcelona. O deportista de Aldán, que ó o español que máis medallas acadou nas historia dos Xogos Olímpicos-5– xa fixo este xoves, en Cangas, o primeiro saque antes do partido entre o Alondras e o Choco.
Hai que lembrar que o pasado 27 de marzo, nunha rolda de prensa multitudinaria no Concello de Cangas, acompañado pola súa familia, amigos e os integrantes do Clube de Mar Ría de Aldán, no que mililita, Cal anunciou a súa retirada da competición, recoñecendo que non se sinte motivado para continuar na elite do piragüismo mundial.