Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másAlí ven Hur
Juda Ben-Hur volve á pantalla grande por Semana Santa. Cinesa proxecta esta fin de semana-4 e 5 de abril- en 16 cines de todo o Estado, a película ‘Ben-Hur’, dirixida por William Wyler e que ten de protagonista a Charlton Heston.
A cinta, estreada en 1959, gañou 11 Oscar- entre eles os de mellor película, mellor director, mellor actor e actor secundario, fotografía ou banda sonora e, hoxe, está considerada como unha das mellores películas da historia.
Oito cines programarán ‘Ben-Hur’ o mediodía do domingo e outras tantas dende as 4 da tarde- hai que ter en conta que o filme dura preto de 4 horas-; a proxeción será en versión orixinal subtitulada ao castelán e cunha versión remasterizada especialmente para os 50 anos da súa estrea, celebrados en 2011.