O Goberno Galego ven de asegurar que a semana pasada “se iniciou a aplicación dos criterios de indicación e seguimento” aprobados polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (SNS), na reunión do pasado 26 de marzo, para o tratamento da hepatite C.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) puxo en marcha esta pasada semana, di a Xunta nun comunicado, a plataforma web que “servirá de ferramenta para o rexistro” dos doentes con hepatite C, ferramenta que está “a disposición dos profesionais sanitarios”.
Esta plataforma, a VIXÍA HC, “permite a incorporación automática de todos os datos administrativos do paciente a tratar” ademáis, permite “incorporar de forma homoxénea todos os datos clínicos necesarios para a indicación dos novos tratamentos da hepatite C”.
Segundo o Goberno, a plataforma impulsa o desenvolvendo dun rexistro on-line “de forma automática”, así como “seguir a trazabilidade dos tratamentos” e a “explotación de calquera parámetro”, o cal permite “facer un seguimento e valoración dos resultados de cada tratamento iniciado”.
Estes datos, segundo engadiu a Xunta, son envorcados no rexistro estatal que se establece coa entrada en vigor do Plan Estratéxico para a abordaxe da hepatis C no SNS.
O Goberno subliña, tamén, que o pasado 1 de abril se comezaron a comercializar os tres novos fármacos aprobados para o tratamento desta enfermidade “estarán dispoñibles para a súa indicación directa” por parte dos médicos.