Comarcas

O Goberno gallego licita en preto de 20 millóns as obras para facer do Corredor do Morrazo unha autovía entre Rande e Domaio

O Corredor do Morrazo, este luns/Tresyuno Comunicación
O Corredor do Morrazo, este luns/Tresyuno Comunicación

A Consellería de Territorio e Infraestruturas licitou este luns por máis de 19,7 millóns de euros as obras para a conversión en autovía do Corredor do Morrazo- no treiro Rande-Domaio- que prevé que poida estar finalizado en 2017.

As mesmas consistirán nunha acometida ao longo de tres quilómetros de lonxitude entre o enlace de Rande e o de Domaio, é un dos tres subtramos nos que se dividiu esta actuación, onde actualmente se están a ultimar os proxectos de construción do segundo e o terceiro tramo.

Para as obras tívose en consideración o proxecto de ampliación de capacidade da autoestrada AP-9, para non interferir coa localización do piar previsto para o novo viaduto. Ademais, deseñouse un acceso de maior lonxitude para facilitar o cambio de carril aos vehículos.

O Goberno galego aprobou en febreiro o decreto de urxente ocupación para a expropiación en todo o trazado, que terá un importe total de 1,1 millóns de euros e afectará a 101.315 metros cadrados en 105 fincas. Tras a licitación deste subtramo, as empresas poderán optar ao contrato ata o 27 de maio, tras o que a adxudicación se formalizará en verán e as obras darán comezo no último trimestre deste ano.

As estruturas principais proxectadas no novo percorrido Rande-Domaio son un viaduto de 73 metros sobre a glorieta actual -que permitirá evitar a rotonda para acceder á AP-9-, e un túnel de case 134 metros para “minimizar a afección a restos arqueolóxicos do Castro e petroglifos de Vistalegre”.

Ademais, haberá un viaduto de 415 metros para salvar o río Minouva e a Poza da Moura -que se duplicará pola marxe dereita-, e unha pasarela peonil no punto quilométrico 2 +400. Igualmente, prevese que se dupliquen varias marxes do percorrido, en  especial o túnel de Montealegre.

También te puede interesar