Un home de 57 anos de idade morreu este mércores nun accidente de tractor rexistrado nun terreo do concello lucense de Navia de Suarna. O suceso produciuse pasado o mediodía cando o home traballaba nun terreo no lugar de Seón.
Segundo Emerxencias, o tractor caeu uns 500 metros por un terraplén, ainda que o home non quedou atrapado. O 112 Galicia mobilizou ao GES de Becerreá, que axudou a trasladar o cadáver, xa que estaba nunha zona de difícil acceso para vehículos. Tamén foron mobilizados o 061 e a Garda Civil.