Vigo al minuto

A entrega dos premios aos Vigueses Distinguidos, o 28 de maio, catro días despois das Municipais

Gala dos Vigueses Distinguidos (arquivo)/Tresyuno Comunicación
Gala dos Vigueses Distinguidos (arquivo)/Tresyuno Comunicación

O alcalde informou este mércores que a gala de entrega dos galardóns de Vigueses Distinguidos 2015 celebrarase o 28 de maio, logo da campaña electoral, para evitar acusacións de electoralismo.

A esa data móvese para catro días despois das Eleccións Municipais porque “se o fago antes, dirán que quero facer campaña electoral, e os Vigueses Distinguidos son algo moi serio, que están por enriba da política».

En principio a data de entrega dos premios era o 27 de marzo, pero suspendeuse polo loito oficial tras o accidente aéreo de Germanwings.

Os recoñecidos este ano son os policías Vicente Alló e Vanesa Lage, tiroteados durante a súa intervención en atraco; o noso compañeiro Carlos Mañas; o xesuita José Bailón; o sacerdote xubilado Emilio Suárez, pola súa laboura nos movementos sociais de Coia; a Plataforma de Afectados pola Hepatite C; o Hospital Meixoeiro nos seu 25 aniversario; e á asociación Afaga de familiares de enfermos de Alzheimer.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.