Galicia

Libera pide prohibir as granxas peleteiras en Galicia en cinco anos

GranxaA Asociación Animalista Libera esixe a prohibición total das granxas peleteiras en Galicia, onde se sitúa o 85 % das instalacións presentes no Estado. Para iso, propuxo unha moratoria de 5 anos cun imposto especial para a devandita industria.

A proposta susténtase na “necesidade de recadar o 25 % dos beneficios dun negocio tan inmoral como contaminante”, cartos que poderían reiventirse na “reordenación dos lugares onde se situarán as granxas unha vez vetada a actividade”, indica a asociación.

Libera considera que cinco anos “son máis que suficientes” para “garantir a saída das construcións” e a posible reconversión. “Os criterios económicos non deberían prevalecer sobre os éticos”, subliñan os animalistas.

Segundo a asociación, a proliferación de granxas peleteiras en Galicia é a consecuencia da deslocalización de empresas europeas. “Países como Irlanda, Noruega ou Austria avanzaron en lexislacións contundentes”, lexislacións que “supuxeron o desembarco de empresas estranxeiras en Galicia”.

También te puede interesar