Galicia

Concentración en Pontevedra coincidindo co xuizo a outros 9 afectados polas Preferentes multados, en total, con 5.700 €

Afectados por las PreferentesMembros de Plataformas de afectados por preferentes e subordinadas de Galicia participarán este xoves, día 23, dende as 9 e media da mañá, nunha concentración diante  do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, coincidindo co xuízo de nove dos seus membros pertencentes ao Baixo Miño  “sancionados inxustamente” por participar en actos pacíficos de protesta, que entre os 9 deben asumir multas por unha contía total de 5.700€ .

As plataformas fan un chamamento a “tódolos colectivos, organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, e á sociedade en xeral”, a amosar a súa “indignación e apoio ante tales feitos aberrantes” coincidindo cos xuízos de Míriam Rodríguez (veciña de Tui),   Elvira  Viñas (veciña de Tui), Ana Belén Álvarez  (veciña do Rosal), María Milagros Álvarez(veciña do Rosal),María Mirta González (veciña do Rosal), Jorge Méndez (veciño de Tui), Ricardo Méndez (veciño de Tui), Nieves Rodríguez (veciña de Tui) e Ana  Belén González acusados  por “desordes graves no Concello de Tui e no Concello do Rosal”.

Estas e outras persoas, tamén de outras Plataformas , “foron represaliadas polas distintas administracións públicas”mediante as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron “inxustamente” a preferentistas por participar en actos pacíficos de protesta. O importe total desas multas en toda Galicia achégase aos 20.000 €.

También te puede interesar