Comarcas

A lamprea de Arbo, raiña da fin de semana

LampreaA 60 edición da Festa da Lamprea de Arbo ábrese este venres, ás 5 e media do serán, coa inauguración da ‘Arbomostra’, primeiro e, ás 8 e media, coa ‘Gala da Lamprea’, no Auditorio do Centro Multiusos do concello. Ao remate, sobre as 11 e da noite, empezará, na Praza do Mercado, o concertó de Xosé Manuel Budiño e Rosa Cedrón.

Esta fin de semana, dacordo coas previsións do Concello, achegaranse a Arbo máis de 25.000 persoas que, ademaís de ter a posibilidade de disfrutar desta ‘comida de deuses’, poderán acompañala con viño da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Precisamente as adegas desta D.O., serán as protagonistas da ‘Feira Agroindustrial e Artesanal do Condado-Paradanta’, na que haberá degustacións de lamplea e viño a prezos populares.

Polo que atingue á ‘Arbomostra’, nesta edición acollerá máis de 40 postos, nos que probar a lamprea en todas as súas variedades, dende seca, pasando por empanada ou á cazola, ou poder vela viva, en estanques dispostos para á ocasión.

También te puede interesar