Segundo informa o Concello nunha nota, por mor dos labores de desratización, desinfección e desinsectación, levados a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Biblioteca Pública Juan Compañel- a popularmente coñecida como Biblioteca Central, que está na rúa Joaquín Yáñez, 6 pechará as súas portas uns días.
Exactamente, dende as 7 da tarde deste xoves, día 30 de abril ata o luns día 4 de maio, no que a biblioteca xa funcionará con normalidade.