A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé uns 423.000 desprazamentos polas estradas galegas, dende este xoves, durante a operación especial do 1 de maio. A mesma desenvolverase entre as 3 da tarde de hoxe e as 12 da noite do domingo.
Tráfico advirte de que hai unha ducia de puntos conflitivos nos movementos por estrada, case todos eles na provincia de A Coruña: os devanditos puntos están na entrada á capital por Perillo, na AC-12, e por Alfonso Molina, na AC-11; así como na N-550 na entrada da cidade e de Santiago, así como en Padrón.
A eses súmanse a N-651 en Pontedeume; a autoestrada AP-9 na Coruña, Teo e Ferrol; así como a autovía A-6; e as estradas AC-552, AC-173 e AG-11.
Pola súa banda, na provincia de Pontevedra hai que ter especial coidado na A-55 en Vigo e na A-52 no Porriño.