O Goberno de Galicia prohibiu as queimas de restos agrícolas e forestais dende este sábado, 23 de maio, ata novo aviso tendo en conta as condicións de vento actuais e as previsións para os próximos días.
Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, posto que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.
A Consellería de Medio Rural pediu colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento.