Galicia

O paro comeza a reducirse, ó menos en Cogami

Só nos tres primeiros meses do ano o número de contratacións de traballadores con discapacidade creceron un 9 por cento. Así o demostran as estatísticas da Confederación Galega de Personas con Discapacidade, no que o Servizo de Intermediación Laboral conseguíu 605 insercións laborais, a maioría delas en Santiago (26,7%), Vigo (18,1%) e Lugo (15,2%). Máis do 40 por centos dos postos foron conseguidos no mes de marzo.

Os 40 orientadores laborais e axentes de emprego de Cogami, distribuidos nas sete oficinas da entidade en toda Galicia, fixeron nestes tres meses 855 entrevistas de orientación. Por este departamento pasaron 515 usuarios novos, incorporados como demandantes de emprego, polo que xa son máis de 20.000 os inscritos. O Servizo de Intermediación Laboral visitou 284 empresas e 110 entidades nas que se conseguiron 369 ofertas de traballo.

Cogami

Cogami é unha entidade sen ánimo de lucro galega formada por preto de 50 asociacións. A maiores de prestar servizos a máis de 60.000 persoas ao ano, xestiona directamente 13 iniciativas empresariais de economía social no que traballan máis de 600 persoas con discapacidade. Esta entidade traballa dende o ano 1990 para mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade, tendo como misión conseguir a plena inclusión en todos os ámbitos da sociedade a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

También te puede interesar