O voceiro nacional do BNG anunciou este sábado que o Bloque facilitará a investidura dos gobernos “alternativos ao PP” nas cidades nas que poderían gobernar, pero non participará neles.
“Imos dárselle o voto favorable na investidura aos gobernos alternativos ao PP, pero non se vai participar no goberno”, informou Xavier Vence tras o Consello Nacional do BNG.
Sobre as Eleccións Locais, Vence comentou que os resultados “deixan un panorama moi interesante” en Galicia. “un escenario político novo, non so para as municipais, senón de cara ás xerais e ás elección sao Parlamento galego”, precisou.
Vence celebrou “o fin de ciclo político do PP á fronte do poder hexemónico que tiña ata o momento en Galicia”. E é que subliñou que os populares perderon “moitísimo poder municipal”.
O voceiro nacionalista celebrou a “oportunidade de entrar” no goberno das deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra, “algo que, para nós, ten un valor importante”, explicou, adiantando que o seu partido abrirá un “proceso de diálogo” co resto de forzas políticas alí representadas.