A exposición itinerante ‘Un mar de datos” chega á sede do Parque Nacional dás Illas Atlánticas en Vigo, con motivo do Día Mundial dos Océanos, o 8 de xuño, amosando os descubrimentos máis importantes da Expedición Malaspina de investigación oceanográfica.
Segundo informa o Goberno de Galicia, a mostra, de carácter divulgativo, poderá visitarse dende o este luns, día 1 ata o 30 de xuño.
A través de 22 paneis, os visitantes poderán coñecer, no edificio Cambón, achados científicos como que a acidez do océano aumentou un 30 % dende a revolución industrial ou que hai unhas dez veces máis peixe do que se pensaba.