Lara Méndez convertiuse, este sábado, na primeira alcaldesa na historia de Lugo, no Pleno de constitución da Corporación, na que recibiu 13 votos, os 8 do seu partido, o socialista, 3 de Lugonovo e 2 do BNG.
Lugonovo e o BNG deron o seu apoio a Méndez logo da renuncia do que foi, dende 1999 ata hoxe, alcalde da capital lucense, Xosé López Orozco, quen renunciou ao acta de concelleiro para facilitar o goberno da esquerda– Lugonovo e o BNG esixían para apoiar á socialista que Orozco presentase a súa demisión-. Pola súa banda, os 9 concelleiros do PP, votaron por Jaime Castiñeira, os 2 de Ciudadanos, pola súa líder, Olga Louzao, e Alternativa Cidadá de Esquerdas, con Carlos Portomeñe, se han votado a sí mismo.
A nova alcaldesa adiantou como eixes da súa xestión a “transparencia e participación ciudadana”, como dixo no seu discurso. “A transparencia é fundamental para que a administración municipal esté preto dos veciños porque unha persona so pode achegarse ao Concello se o coñece, polo cal adoitaremos medidas concretas que, dende o primeiro minuto de este novo goberno, alumeen a actividade municipal”, subliñou Lara Méndez.