O concello de Salvaterra aprobou en pleno reclamar á Xunta e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a posta en marcha do colector da marxe dereita do río Miño no que consideran unha obra imprescindible, xa que a actual depuradora de Salvaterra non ten a capacidade necesaria para recoller o volume de augas residuais do municipio.
A posta en funcionamento do saneamento da cunca do río Tea aumentará considerablemente o volume de augas residuais que van á depuradora do contorno do parque da Canuda. E esta infraestrutura xa vén dando problemas de cheiros e vertidos dende hai meses, polo os grupos municipais consideran preciso executar o proxecto da depuración integral da marxe dereita.
Mentres, a depuradora de Guillarei xa está a funcionar e dar servizo ás parroquas situadas ao carón do río Caselas. Por iso agora piden que se poña en marcha a conexión das parroquias de Cabreira, Arantei e Porto a este colector, co obxectivo de garantir o correcto funcionamento da rede de saneamento da zona.