Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másSindicatos denuncian “manobras” do Goberno galego para blindar a altos cargos por si o PP perde as Eleccións
Os sindicatos con representación na Administración Autonómica denuncian as “manobras” do Goberno galego nos procesos de promoción interna para “intentar blindar os postos máis altos do persoal funcionario, con xente da súa confianza, ante un hipotético cambio de Goberno”.
Así o aseguran nun comunicado conxunto CIG, CCOO, UGT e CSIF, que sitúa destras das devanditas “manobras” a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior (Agrupa), que cualifican de “lobby que naceu para defender os intereses dos seus membros e que conta cunha importante capacidade de influencia sobre Función Pública”.