Nas súas primeiras 24 horas de vida
Leer másOs ‘vixiantes da praia’ xa están traballando en Vigo
O servizo de socorrismo e salvamento en praias arrancou o pasado luns incluíndo como novidade a 6 diplomados en Enfermería que estarán permanentemente nos arenais. Este verán o Concello contratará a 60 socorristas, que operarán por turnos para garantir a presenza dun mínimo de 43 profesionais (25 acuáticos e 18 en primeiros auxilios). Ademais, hai 16 axentes da Policía Local e unha media de 8 efectivos de Protección Civil, en cada quenda. O servizo, adxudicado a Cruz Vermella, inclúe unha ambulancia propia e exclusiva para as praias.
Técnicos sanitarios vixían dende o pasado 15 de xuño- e ata o 15 de setembro– dez areais vigueses: A Punta, Rodas, Figueiras, Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido e Fortiñón (Saiáns). Asimesmo, o socorrismo estará presente cada día durante os meses de agosto e setembro e durante as fins de semana nos quince días finais de xuño e nos primeiros de setembro, salvo en Argazada, Samil, Saiáns, Vao, Rodas e Figueiras, onde haberá salvamento diariamente en horario de tarde.