A medida comenzará a aplicarse dende ás 10:00 horas e por un periodo aproximado dun ano pero, en calquera caso, desde a concellería recoméndanse varios desvíos que estarán debidamente sinalizados.
Deste xeito o tráfico procedente de Concepción Arenal poderá desviarse polas rúas Pontevedra, Rosalía de Castro e República Arxentina para volver a desembocar na rúa Areal. Outro dos itinerarios recomendados refírese ao tráfico procedente de Isaac Peral e Areal que poderá circular polas rúas Canceleiro ou Oporto para seguir despóis por Rosalía de Castro e Inés Pérez de Ceta.
Mentres duren os traballos varias rúas permanecerán con sentido único, como son a rúa Pontevedra, entre Areal e Rosalía de Castro, que pasará a ser de sentido ascendente cara a Rosalía de Castro. Pola súa banda Inés Péres de Ceta pasará a ser de sentido descendente cara a Areal. A rúa Rosalía de Castro, entre Pontevedra e Inés Pérez de Ceta manterá sentido único de cara a ésta última.