O lume que se declarou este martes na parroquia de Xurenzás, no concello ourensán de Borborás, quedou apagado hoxe, pasadas as 2 da mañá, logo de arrasar 180 hectáreas, segundo confirmou Medio Rural.
Para acabar co lume, foi preciso o traballo de 11 axentes forestais, 15 brigadas, 2 pas, dous avións e catro helicópteros, ademási de 60 integrantes da UME, a Unidade Militar de Emerxencia.