Vigo al minuto

As imaxes da procesión do Cristo dende un dron e a gaivota de Cíes colaborando para que sexan Patrimonio da Humanidade

Imagen: Youtube
Imagen: Youtube

O alcalde e os organizadores da procesión do Cristo da Vitoria mantiveron este xoves un encontro para revisar á organización deste evento que este ano contará co presidente do Celta, Carlos Mouriño, como pregoeiro. Ademais da tradicional pantalla, unha das novidades deste ano será, segundo avanzou Caballero, que un dron gravará a comitiva o que permitirá unha visualización da mesma desde o aire.

En relación co tema das imaxes, Caballero deu conta esta mañá da decisión de abrir unha sección na web municipal na que os cidadáns poderán aportar suxerencias para “bautizar” á gaivota que gravou cunha gopro unhas impresionantes vistas das Illas Cíes.

https://www.youtube.com/watch?v=dJXYWVyRmNk

 

O alcalde avanzou a súa intención de establecer contactos cos donos da cámara -uns turistas alemáns- para poder incluir esta filmación dentro da campaña de promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. “E a primeira vez que unha gaivota coopera nun programa que defende unha candidatura da Unesco”, bromeou.

También te puede interesar