‘Feijóo da a cara’, ou ‘Pregunte o que quera que Feijóo resposta o que lle apetece’. Así podería chamarse o encontro que durante dúas horas mantivo o presidente da Xunta con 32 galegos que lle fixeron as preguntas que quixeron. A realidade é que o programa é ‘Feijóo responde’ e emítese hoxe dende as 10 da noite simultáneamente en Correo TV e Radio Obradoiro.
Durante o programa, dirixido por Susana Lopez, e que foi grabado hai uns días en Compostela, 32 cidadáns que, segundo os organizadores son una mostra “representativa” da sociedade galega “con diferentes idades e profesións“, preguntaron ao presidente sobre o seu primero ano de xestión e os proxectos que ten en marcha e que vai a aacometer.