O incendio que empezou o mércores no concello ourensán de Calvos de Randín, e que afectou ao parque da Baixa Lima-Serra do Xurés, quedou apagado este domingo logo de queimar 150 hectáreas, un cento delas de monte arborado.
Para acabar co lume foron precisas 30 brigadas, 16 motobombas, 8 avións e 7 helicópteros.
Medio Rural informa, ademáis, da extinción do lume forestal rexistrado na parroquia de San Clodio, no concello lucense de Ribas de Sil.
Este incendio quedou extinguido pasadas as 5 da tarde deste domingo, logo de iniciarse as 9 e cuarto da noite do venres. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 23,3 hectáreas arboradas e 22,38 rasas. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 6 axentes forestais, 25 brigadas, 10 motobombas, unha pa, 5 helicópteros e 3 avións.