Se non se corrixen os saldos negativos demográficos dos pasados 20 anos, Galicia chagará ao ano 2050 cun 40% menos da súa poboación actual. Estos son os datos do Goberno galego, expostos este luns, no Foro sobre Políticas Sociais e Dinamizacón Demográfica, polos conselleiros de Traballo e Facenda.
Para a conselleira Mato a “profunda crise demográfica” na que está Galicia dende os anos 80 do século pasado é “unha das principais ameazas que temos diante” e salientou que en 40 anos, ou menos ainda, Galicia podería perder 1 millón de habitantes, volvendo á poboación do ano 1900- e decir, 1.700.000 habitantes-.
Mato advertiu que unha das consecuencias máis graves deste feito será a dificultade para manter o actual sistema de benestar, feito que ven agravado, como afirmou o conselleiro Martinez, polo envellecemento da poboación o que fai necesario tomar medidas moi rigorosas “goberne quen goberne”.