O programa de lecer infantil amplíase ao Calvario. Esta iniciativa será posible logo da sinatura dun convenio entre a concellería de Benestar Social, e a asoción “Hoy por mañana”, que, deste xeito, súmase os que se desenrolan no Plan Comunitario de Teis e a asociación Abertal, o que permitirá atender a un total de 65 nenos e nenas.
A concelleira de Benestar Social sinalou que a importante concentración de colexios no Calvario e na Dobrada tamén influíu á hora de elixir a zona da cidade na que implementar este recurso municipal, posto que un dos seus obxectivos é fomentar o rendemento escolar de nenos e nenas. María Méndez indicou que foron os propios directores dos centros de primaria os que demandaron a posta en marcha do servizo, xa que os seus beneficios non so se perciben nos participantes, “senón tamén nas aulas ás que pertencen e nas súas familias”.
O programa, que terá lugar nas instalacións de “Hoy por mañana”, ofrece vinte prazas e se levará a cabo en dous grupos, un cos nenos e nenas de 6 a 9 anos e outro de 10 a 12 anos. O servizo desenvolverase de abril a xuño e de setembro a decembro, en horario de 16 a 19 horas de luns a xoves e no mes de xullo tamén de luns a xoves de 10 a 13 horas. As actividades programadas abarcan xogos de cooperación, deportivos e de animación, así como obradoiros ambientais, de teatro e música, así mesmo, faránse saídas á praia de Samil, Castrelos, A Bouza, así como a exposicións e á piscina de Lavadores, entre outras.