Galicia

O Goberno de Galicia pagará a axencias privadas de emprego ata 750 € por cada parado que coloquen no mercado laboral

FeijóoO Goberno de Galicia aprobou este xoves un orzamento de 4,9 millóns de euros para pagar a axencias de colocación privada ata 750 € por cada persona que asine un contrato de traballo grazas a súa mediación.

O presidente Feijóo anunciou que esta iniciativa empezará a funcionar en outubro, logo da sinatura de colaboración entre o Servizo Galego de Emprego e as empresas de traballo temporal (ETTs).

Segundo dixo o presidente na rolda de prensa posterior ao Consello, serán prioritarios os parados que teñan máis dificultades para encontrar un traballo: maiores de 45 anos con máis de dous anos de desemprego; os desempregados de entre 26 e 44 anos con menos de 6 meses de desemprego; os beneficiarios da Renta de Inserción Social de Galicia (RISGA), maiores de 45 anos e con máis de 2 anos de desemprego; os menores de 25 anos con formación e menos de 6 meses de desemprego, e as persoas de entre 45 e 54 anos con menos de seis meses de desemprego.

Feijóo precisou que o Servizo Público de Emprego de Galicia será o encargado de coordinar todo o proceso e seguilo directamente, “será o Servizo Público de Emprego o que remita aos desempregados ás axencias e, estes recibirán unha atención integral, que comprenderá calquera actuación, orientación, formación, intermediación, que sexa positiva para o seu acceso ao mercado laboral”.

De acordo co que se establece nos pregos de contratación, o Goberno de Galicia aboará unha contía por cada contrato obtido, sempre que este sume un total de 6 meses nun período de 8, ou no período dun ano para o caso dos traballadores fixos discontinuos.

También te puede interesar