É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másOs incendios activos este sábado xa arrasan máis de 250 hectáreas de monte, 150 delas na Rede Natura
Segundo informa Medio Rural, dende a tarde deste venres está estabilizado-ainda que segue activo- o incendio de Padrenda, que empezou preto das 2 da mañá de onte e que xa arrasou 150 hectáreas en terreos de Rede Natura. No seu control traballan 5 axentes forestais, 19 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 6 helicópteros.
Tamén está controlado desde o lume rexistrado no concello ourensán de Oímbra, que, segundo estimacións provisionais, queimou 190 hectáreas, e que tamén segue activo. Na extinción deste lume levan traballado 9 axentes forestais, 24 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 1 avión.
O que sí quedou extinguido preto das 9 da noite deste venres foi o de Compostela, na parroquia de Figueiras. A superficie afectada tras o seu parametrizado é de 69,53 hectáreas, das cales 52 son arboradas e 17,53 rasas. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 16 axentes forestais, 29 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 6 avións.