A Fundición Nautilus xa ten preparado un obradoiro de creación artística na Casa das Artes dende o 19 de abril ao 21 de maio con material de refugallo que rematará nunha exposición na Praza de Compostela ao longo do verán.
Baixo o nome ‘Vigo Pleamar’ e con inscripción previa, na primeira fase unhas 80 persoas de máis de 13 anos sen necesidade de ter formación nin experiencia artística previa crearán obras partindo de caixas de cartón, plástico, botellas ou chapas. A segunda fase xa será na Praza de Compostela cunha montaxe expositiva na que se amosará a historia da cidade a través do mar.
O proxecto homenaxeará ao finado Xosé Guillermo, antigo presidente da Fundación e cabeza pensante da iniciativa, “un reto como primeiro traballo sen o capitán”. Deste xeito, a Fundación Nautilus busca a colaboración da cidadanía para crear a historia de Vigo de xeito simbólico.