É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más‘A Nación Galega’ xunta a milleiros de persoas en Compostela
Á 1 da tarde, canda a Praza da Quintana xa estaba chea, aindan estaban saindo da Alameda de Compostela os últimos dos participantes da manifestación convocada polas forzas nacionalistas baixo o lema ‘A Nación Galega’.
Por primeira vez, o BNG, Anova, Compromiso por Galicia e Esquerda Unida sairon xuntos un 25 de xullo o cal, segundo o escritor Suso de Toro é “un éxito” e pode abrir a posibilidade dunha candidatura “unitaria” de todas estas formacións ás Eleccións Xerais de finais deste ano.
Xunto coa Quintana ateigada, a imaxe do día foi xuntar no mesmo espazo ao líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, o voceiro do BNG, Xavier Vence, a líder de Esquerda Unida, Yolanda Díaz e o secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas.