Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
Rematada a ampliación do Camiño do Cotiño, na parroquia de Reboreda, en Redondela
A concelleira de Vias e Obras Maria José Barciela, xunto co alcalde Javier Bas, visitaron as obras rematadas na parroquia de Reboreda, en Redondela, consistentes na construcción dun muro de contención de pedra. O mesmo posibilituou un ensache do camiño que resultaba ata o de agora de difícil tránsito para os veciños debido ao escaso ancho que tiña.
Fixose un ensanche de 149 metros lineais e quedou un ancho de estrada de 8 metros, o que facilita o transito dos vehiculos e dos peatóns mellorando así a seguridade dos mesmos.
Esta era unha obra moi demandada pola veciñanza xa que conecta dous barrios con moita poboación da Parroquia de Reboreda. O importe desta obra ascendeu a 60,119,29€ e foi financiada pola Deputación Provincial.