![O presidente do goberno galgo, pola mañá estivo na catedral de Santiago e pola tarde nunha misa en San Domingos de Bonaval](https://www.vigoalminuto.com/wp-content/uploads/2015/07/Feijóo1.jpg)
O incendio rexistrado este sábado as 5 e media da tarde na parroquia de Ribeira, no concello lucense de Navia de Suarna, permanece activo. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de unhas 300 hectáreas en terreos de Rede Natura. No seu control levan traballado 1 técnico, 7 axentes forestais, 26 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 9 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboran nas tarefas de control membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Neste lume foi preciso decretar como medida preventiva a ‘Situación 2’ porque podía afectar á poboación e a bens non forestais, requerindo a adopción inmediata de medidas de protección e socorro. Esta situación operativa de emerxencia foi desactivada preto das 2 desta madrugada.
![Centos de galegos estiveron toda a fin de semana e seguen este domingo, loitando contra o lume nas catro provincias galegas](https://www.vigoalminuto.com/wp-content/uploads/2015/07/Lume4.jpg)
Por outra banda, o incendio iniciado onte pasadas as 7 da tarde en Folgoso do Courel, tamén segue activo. Segundo Medio Rural, a superficie afectada é de 50 hectáreas. Nas tarefas de control levan participado 2 técnicos, 5 axentes forestais, 14 brigadas,11 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.
Tamén segue ardendo o monte en Padrenda, ainda que asegura o Goberno de Galicia que o lume está “controlado”. As lapas levan preto de dous días e xa quiemaron máis de 200 hectáreas da Rede Natura. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 9 axentes forestais, 30 brigadas, 12 motobombas, 1 pa e 6 helicópteros.
Esta fin de semana hai que sumar a eles os incendios de Oímbra, que arrasou máis de 200 hectáreas e o de Figueiras, en Compostela, que achegouse ás 70, polo cal arderon xa en Galicia, en apenas tres días más de 800 hectáreas.