Destacados

Noa Comesaña, xogadora do Seis do Nadal-Coia, convocada pola Selección Española de Baloncesto

NoaA Área Deportiva da Federación Española de Baloncesto convocou a Noa Comesaña, xogadora do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, para a Selección de Formación U13 Feminina que se concentrará este verán do 31 de xullo ao 2 de agosto en Guadalajara.

Esta concentración é o primeiro paso das concentracións de formación da Federación Española de Baloncesto que vai desde os 12 anos, cando se disputa o primeiro Campionato de España de Minibásquet, ata os 16 anos, cando se compite no primeiro campioanto europeo de carácter oficial.

Noa Comesaña, xogadora do club que foi adestrada nesta última campaña por Aalí Mohamed e Sandra Solano, será unha das 60 xogadoras da xeración do 2002 e 2003 que máis destacou durante a pasada tempada e que foi seleccionada pola Federación Española de Baloncesto.

También te puede interesar