É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO alcalde de As Neves pide unha xuntanza co Goberno de Galicia para avaliar a sentenza da PLISAN
O alcalde de As Neves acolle con satisfación a sentenza do Tribunal Supremo rexeitando o recurso contra a modificación puntual do proxecto de implantación da plataforma loxística-industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN) interposto pola Asociación de afectados pola devandita plataforma.
Xosé Manuel Rodríguez Méndez, salienta que a sentenza do Supremo é boa para As Neves e reafirma que “a Plisan ten que ser unha realidade, respetando os dereitos dos afectados”. O alcalde lembra que tivo unha xuntanza, hai unhas semans, coas adminitracións promotoras do proxecto que “se comprometeron a seguir adiante co proceso, a executar a primeira fase e a empezar, tamén, a EDAr e a ETAP”.
Rodríguez Méndez solicitará unha “entrevista urxente” con responsables do Goberno de Galicia para avaliar esta sentenza e “instar a que non se demore máis a execución dun proxecto que é capital para As Neves, en particular, e para o sur de Galicia en xeral”.