Chris Cheek, considerado como un dos mellores saxofonistas do momento, estrela do Nigranjazz, este venres

Chris Cheek
Chris Cheek

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán, mantén a súa aposta de traer aos mellores artistas do panorama internacional na súa novena edición, que terá lugar o 31 de xullo no esteiro da Foz (A Ramallosa) a partir das 9 da noite.

Este evento xurdiu da man do goberno socialista de Efrén Juanes hai xa case unha década e impulsado por el actual alcalde, Juan González, e o falecido veciño de Nigrán Quin Alborés, a quen se lle adica cada ano o concurso de carteis. O festival mantívose ao longo dos anos, independentmente da cor política do Concello, situando a Nigrán no mellor circuito mundial do jazz e sendo xa un referente nacional.

Nesta ocasión o evento se adianta ás súas habituais datas para poder contar coa actuación estelar do músico estadounidense Chris Cheek, considerado como un dos mellores saxofonistas do momento. Cheek formará un quinteto co xenio mundial da batería Jorge Rossy, co guitarrista Steve Cárdenas (uns dos máis solicitados da escea americana) e os cataláns Jaume Llombart ao baixo eléctrico e David Soler en pedal guitar. Unha banda de luxo coa que Chris Cheek grabará proximamente.

AndreuAntes deste gran concerto terá lugar a actuación do aclamado vibrafonista catalán Andreu Vilar-Juanola, quen se acompañará na batería da galega Naima Acuña e no contrabaixo do cubano afincado en Galicia José Manuel Díaz. O festival continúa así coa súa firme aposta de mesturar ás grandes figuras mundiais cos mellores músicos galegos. Vilar-Juanola, formado polos más reputados mestres de Cataluña, Berlín ou Oporto, xira por toda España con diferentes formacións, tendo tocado nos festivais de jazz de Cadaqués, Girona… En 2011 gañou o premio ao mellor combo na IX edición do Festival de Jazz de Sao Luiz, Lisboa.

Pablo Menares
Pablo Menares

O Nigranjazz pechará a súa novena edición en ‘O Cafeciño’, (Damas Apostólicas, 19 – A Ramallosa) co contrabaixista chileno Pablo Menares, un dos máis aclamados do seu país e de EEUU, onde forma parte da escena habitual do circuíto de jazz, especialmente en New York, cidade na que reside dende 2009. Nesta ocasión acompañarase do pianista vigués tamén afincado en New York Iago Vázquez e o baterista do Morrazo Iago Fernández, dous dos máis recoñecidos músicos galegos. A continuación terá lugar a clásica Jam-Session á que se poderán sumar tódolos músicos que o desexen.

Master-Class

O Nigranjazz tampouco quere desaproveitar a gran oportunidade que supón para os músicos e afeccionados ao jazz de aprender e formarse cos mellores artistas do mundo. Así, un ano máis levará a cabo a súa master-class matinal, neste caso ao cargo do quinteto de Chriss Cheek. Esta será ás 11.30 da mañá do mesmo 31 de xullo no Pazo de Pías (A Ramallosa) e o prezo da inscrición é de 20 € e se formalizará no propio lugar da clase.

También te puede interesar