O acordo para trasladar a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) ao Auditorio Mar de Vigo estará asinado en outubro, segundo avanzou este xoves Abel Caballero, durante unha visita ás obras de conservación e restauración que se acometeron na sede do Casco Vello.
O alcalde prevé que o traslado poda materializarse ao longo do primeiro trimestre do próximo curso xa que as instalacións deste edificio quedaron pequenas para albergar todas as titulacións.
Ademais da aula de acceso, impártense 5 carreiras que xa están en funcionamento: Dereito, Inxeñeiría en tecnoloxías da información, Inxeñeiría informática, Turismo e Educación Social, o Concello solicitará tamén a implantación de Psicoloxía, Xeografía e Historia, Ciencias Políticas e Administración e Socioloxía.