Un milleiro de tractores, ‘tomaron’ Santa Comba para esixir aos gobernos Estatal e Galego que aproben “xa” medidas para “evitar a ruina do sector lácteo galego”, logo da caída , en picado, dos prezos do leite.
A caravana de tractores, procedentes de Fisterra ou Bergantiños, achégase aos 10 quilómetros, na primeira das mobilizacións anunciadas pola Plataforma en Defensa do sector leiteiro galego que, hai dúas semanas, xa xuntara en Compostela a 15.000 manifestantes que denunciaran que preto do 40% das explotacións están tendo que vender o leite por baixo so seu custo de producción, “moitas delas non chegan a 26 céntinos de euro o litro e noutras o litro de leite non se paga maís de 18”.