O secretario xeral dos socialistas de Galicia, asegurou este mércores aos xornalistas que dentro duns días haberá noticias sobre a súa situación xudicial. Hai que lembrar que a maxistrada Pilar De Lara citou a declarar a José Ramón Gómez Besteiro polo coñecido ‘Caso Garañal’ e que, apenas 48 horas antes de que tivese que declarar, aplazou a súa comparecencia.
O avogado de Besteiro presentou no xulgado de Instrucción número 2 de Lugo un escrito de preto de 50 páxinas, no que pedía a nulidade das actuacións abertas. Cándido Conde Pumpido, subliñaba que De Lara incurrira en varias causas de nulidade, como a “vulneración de dereitos fundamentais”. A defensa tamén criticaba duramente á xuiza sublimando que abriu unha causa que xa se sobreseu, sen que aparecese novedade algunha dende o seu arquivo e o feito de que De Lara decidise asumir a instrucción da mesma sen ter competencias para facelo.
Hoxe, Besteiro reiterou que está “tranquilo”,convencido da súa total inocencia, que afronta esta situación, “con transparencia” e, en resposta aos medios cando preguntaron se non estaba preocupado porque as novas sobre o Partido dos Socialistas de Galicia se centre máis no seu caso que nas súas propostas para o país, o secretario xeral respondeu con un “non”, rotundo, engadindo, “e creo que nos vindeiros días tampouco vostedes van a preocuparse por ela”.