Cultura

Feijóo di que en Galicia hai “un problema” co lume e que non ten que ver coa recalificación de terreos queimados

El presidente Feijóo/Tresyuno Comunicación
El presidente Feijóo/Tresyuno Comunicación

Galicia ten “un problema” cos incendios. Esa é a opinión do presidente do Goberno galego, tal e como dixo nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España (RNE). Alberto Núñez Feijóo lembrou que hai persoas que prenden lume para facer dano, repetindo o que leva decindo varios días a súa conselleira de Medio Rural.

“Cando a maioría dos incendios empezan pasads as 8 do serán, que é cando os helicópteros teñen pouco tempo para voar xa, porque chega a noite, está craro que hai un problema: que hai incendiarios”.

Sobre a posibilidade de que o aumento do número de incendios teña que ver coa nova Lei de Montes- aprobada no Congreso cos votos de PP, UPyD, UPN e CiU– o presidente foi terminante, “non”, dixo, subliñando que os lumes non teñen que ver con motivos urbanísticos nin co feito de que ata o dagora houbese que esperar 30 anos para edificar nunha zona queimada e ese requisito desaparecese.

Ademáis de botarlle a culpa aos incendiarios, Feijóo tamén sinalou como outro motivo dos incendios a despoboación no rural, xa que a mesma “fai que os montes estén menos coidados”, ainda que reiterou que a culpa a teñen os que queiman o monte.

O presidente do Goberno de Galicia, que non comentou as denuncias dos membros dos equipos de extinción polo desmantelamento e privatización dos mesmos, a rebaixa de persoal, os recortes en material ou a falta de formación e cualificación, agradeceu o seu traballo decindo logran que “non se queimen máis de 250 ou 300 hectáreas, evitando grandes incendios”.

También te puede interesar