Esperando que a choiva- que segundo as previsións de MeteoGalicia chegará este mércores a toda Galicia– ainda están activos os lumes de Castro de Beiro, parroquia de Ourense, que xa queimou 30 hectáreas, segundo os datos de Medio Rural. Nos traballos de control levan participado 6 axentes forestais, 16 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 1 avión.
Tamén sigue ardendo a parroquia de Vilariño, no concello Pereiro de Aguiar. Segundo estimacións provisionais, afecta a 30 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 5 axentes forestais, 15 brigadas, 10 motobombas, 9 helicópteros e 9 avións.
Desde mediodía está estabilizado, non extinguido, o lume rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Pradorramisquedo, que afecta a 200 hectáreas de Rede Natura. No seu control levan traballado 4 axentes forestais, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.
Tamén permanece tamén estabilizado, ainda que non se extingiu, o lume ido concello ourensán de Entrimo que, segundo estimacións provisionais, afecta a 50 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Na extinción deste lume levan traballado 1 técnico, 4 axentes forestais, 15 brigadas, 8 motobombas, 6 helicópteros e 6 avións.
Segue controlado, pero activo, o incendio rexistrado no concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, que afecta a 40,68 hectáreas. Este lume iniciouse ás 15:15 horas do domingo e na súa extinción levan traballado 1 técnico, 9 axentes forestais, 26 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 4 helicópteros.
O mesmo pasa co de Vimianzo, que queimou 100 hectáreas. No seu control traballaron 9 axentes forestais, 14 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.
A marca dos incendios sobre Galicia son visibles dende a Estación Espacial Internacional: o astronauta xaponés Kimiya Yui captou esta imaxe, a 400 quilómetros de altura, dos lumes no sur de Galicia e no norte de Portugal.
Yui- que curiosamente porá en órbita o satélite ‘Serpens’ da Univerdidade de Vigo- publicou a foto no seu perfil de Twitter: “Portugal and the West Side of Spain. Wildfires in Portugal also? I hope the situation is not so bad…” (“Portugal e o Oeste de España. Incendios en Portugal tamén? Espero que a situación non sexa tan mala…”).