Deportes

Carreiras de Carros de bolas, en Nigrán, na ‘Baixada a Camos’

carroO Concello de Nigrán e o Centro Cultural A Camoesa recuperan este sábado a tradicional baixada de carros de bolas na parroquia de Camos, evento que non se celebra dende hai máis dunha década e que agora organizan estas dúas entidades trala petición dos propios veciños a través de Gerardo Ferreira, participante dende a súa orixe e impulsor. As inscricións permanecen abertas ata este venres, día 14, ás 10 da noite, no teléfono 630774972.

Os non federados deben pagar en concepto de seguro e no mesmo día 20 € (maiores de 14 anos) ou 15 € (menores de 14 anos). É requisito obrigatorio que sexan carros feitos con rodamentos de aceiro como rodas, contar con freo de goma e levar proteccións (casco, codeiras, xeonlleiras…).

Nesta oitava edición o recorrido trasládase ao barrio de Piñeiros e A Levada por reunir mellores condicións o trazado, xa que no que se celebraba antigamente (dende o torreiro de festas ao pazo da Touza) existen actualmente badéns que suporían un problema para a seguridade dos participantes. Así, entre as 9 e as 10 da mañá realizaranse as verificacións dos carros para comezar a continuación unha primeira manga de entrenos con saída dende o alto de Piñeiros e meta na rúa Levada. A continuación realizaránse dúas baixadas cronometradas, puntuando sempre o mellor tempo realizado. O recorrido, de 900 metros, promete deixar imaxes espectaculares xa que arranca cun gran xiro de 360 graos e finaliza cun descenso na meta de máis do 70% de desnivel, polo que os vehículos adquirirán gran velocidade.

Participarán carros na modalidade individual e colectiva e, ademáis, entre manga e manga haberá unha exhibición de triciclos de competición. A proba está previsto que finalice sobre ás 2 da tarde e haberá premios para os tres primeiros clasificados en individual e colectivo, para o máis feo e para o máis orixinal.

O Concello colaborará para manter a seguridade en todo o itinerario, proporcionando colchóns, balas de alpaca e rodas. Ademáis, toda a proba será controlada tamén por Protección Civil e haberá unha ambulancia.

También te puede interesar