Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Denuncian en Traballo o incumplimento da Lei de Riscos Laborais no novo hospital e piden paralizar o seu traslado

Hospital Álvaro Cunqueiro/Tresyuno Comunicación
Hospital Álvaro Cunqueiro/Tresyuno Comunicación

A Confederación Intersindical Galega (CIG)-Saúde de Vigo, ven de presentar, na Inspección de Traballo, unha denuncia polo que os seus responsables definiron como “numerosos incumprimentos” da Lei de Prevención de Riscos Laborais no novo hospital.

En opinión da CIG, tal e como indioca a denuncia, estos incumprimentos “poñen en perigo tanto aos traballadores como aos enfermos” e, por iso, esixe a Sanidade que deteña o traslado ata que non se cumpra a normativa laboral, advertindo que, en caso contrario pódense producir, para a plantilla e os usuarios, “graves consecuencias”.

Os representantes dos traballadores subliñaron que advertiron desta circunstancia, en moitas ocasións, á Xerencia de Xestión Integrada de Vigo (EOXI) e da necesidade de facer unha avaliación de riscos e, por contra, non se fixo caso e non se respectou a normativa legal, o cal súmase ao recorte que sufriu o proxecto do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Por todo iso, a CIG advirte que todos estos incumprimentos son consecuencia da prioridade que oi Goberno de Galicia deu á defensa de intereses económicos privados, non ás necesidades dos cidadáns e a súa saúde, e a unha falta completa de planificación que pagarán os doentes e ops profesionais.

También te puede interesar