CIG-Saúde denuncia o incumprimento da lei na instalación de bolardos nas beira rúas do novo hospital de Vigo. CIG-Saúde insiste na denuncia da instalación de bolardos arredor do Hospital Álvaro Cunqueiro, non so son perigosos para a cidadanía, senon que incumpren a lei en canto a este tipo de obxectos.
Exactamente están en contra da Orde VIV/561/2010, de 1 de febreiro, do Ministerio da Vivenda, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados.
No seu artigo 29 di, “os bolardos instalados nas áreas de uso peonil terán unha altura situadaentre 0,75 e 0,90 m, un ancho ou diámetro mínimo de 10 cm e un deseño redondeado e sen arestas. Serán dunha cor que contraste co pavimento en toda a peza ou, como mínimo no seu tramo superior, asegurando a súa visibilidade en horas nocturnas. Situaranse de forma aliñada, e en ningún caso invadirán o itinerario peonil accesible nin reducirán a súa anchura nos cruzamentos ou outros puntos do percorrido”.
A CIG subliña que, claramente vese o grave incumprimento da normativa xeral aplicable e máxime nunha infraestrutura dedicada a uso sanitario e con gran transito de persoas con discapacidade funcional.
A central califica de “vergonzoso” este asunto que, subliña, “so obedece a intereses privados e co consentimento do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) por aceptar e darlle o visto bo a esta instalación coas condicións actuais e sen verificar que se cumpría a legalidade”.
Ademáis, tamén denuncia a “gravidade que supón para traballadores e usuarios deste hospital a falta de sinalización de evacuación, máxime nunha infraestrutura destas características que ten a obriga de ter un Plan de Evacuación deseñado e concretado antes de por en marcha o funcionamento do hospital”. Por tal motivo, pide a paralización do traslado ao novo hospital mentres non se solucionen estas graves deficiencias.