“Emerxencias”, ese é o nome do un ciclo de cinema ao aire libre que terá lugar os xoves, ás 10 da noite, na praza que conforman as rúas San Sebastián e Ferrería, organizado pola Asociación de Veciños do Casco Vello, coa colaboración do Concello . O ciclo que durará ata o 24 de setembro, ofrecerá longametraxes, cine colectivo galego, web series e animación.
Segundo explicaron os directores do ciclo durante a rolda de prensa desta mañá, a programación será a seguinte: 20 de agosto. “Ciutat Morta”; 27 de agosto. “Canfaina Lab E Proxecto Nimbos”; 3 de setembro. “Rick And Morty vs Hora de Aventuras”; 10 de setembro. “The Act of Killing”; 17 de setembro. “Terra de Ninguèm”; 24 de setembro. “Venga Monjas”.