Vigo al minuto

O goberno local aproba un incremento de 100.000 € da partida para emerxencias sociais das familias

Concello1O goberno local aprobou este venres o incremento en 100.000 € da partida orzamentaria para atender as emerxencias sociais das familias, cantidade que ascende a 645.000 €, tras tela aumentada en igual cuantía no pasado mes de xullo.

Segundo indicou o alcalde, este capítulo se suma os dous millóns de euros que destina o Concello no marco do programa de axudas extraordinarias a familias, para pagos de vivenda, enerxía e alimentación a quen máis o precisa.

Abel Caballero lembrou o medio millón de euros adicado a comedores sociais, os 800.000 € para o centro de inclusión e emerxencia social, o máis dun millón de euros para a atención de drogodependentes en Cedro e os aproximadamente dous millóns de euros para bolsas de libros e comedor escolar.

O alcalde concluíu que “nesta cidade ninguén se queda sen protección social” e avanzou que o orzamento municipal para 2016 incluirá máis gasto social que as contas do presente ano.

O goberno local tamén aprobou  ás ordenanzas fiscais para o exercicio 2016, cun prantexamento de “conxelación real e diminución dalgunhas taxas e prezos públicos”, o que supón, dixo o alcalde, que “a presión fiscal diminúe en termos reais”. En rolda de prensa, Caballero lembrou que nos tres últimos anos “baixáronse os impostos de rodaxe, IBI, IAE, auga e lixo nun 5%, con exencións que alcanzaron preto dos 7 millóns”.

Segundo Caballero, diminúen un 1,1% a taxa por servizo de axuda no fogar (o 22% non paga nada e o 75%, o 15% do custo), e a taxa de escolas infantís, con exencións de familias numerosas con rendas per cápita inferior aos 6.155 euros, ademais de aplicarse coeficientes correctores ás familias monoparentais, parados de longa duración e familias con membros vítimas de violencia de xénero, o que supón que case a metade dos usuarios teñen unha bonificación total.

Tamén se manteñe a conxelación das tasas por uso de instalacións do Instituto Municipal de Deportes (exentos os alumnos de escolas deportivas, clubs con convenio de colaboración, membros de familias numerosas ou monoparentais); taxa de entrada ao Vigo Zoo, taxa de aproveitamento da vía pública, taxa por instalación de quioscos e e postos de venta, taxis, extinción de incendios, cemiterios, inspección sanitaria, limpeza de pozos negros ou control de calidade, entre outras.

Te podría interesar